jueves, 23 de octubre de 2008

A TAXA DE PARO


A actual crise económica está a provocar o aumento do desemprego no noso país. A taxa de paro da comunidade galega se situará de media no 2008 no 8.5% e aventuran un un pico dun 9.5% a final do ano.Os poderes públicos poñen como obxectivo preferente promover a creación de traballo. O avellantamento da poboación, temos un saldo vexetativo negativo, provoca unha taxa de actividade menor que no resto do Estado. Deste modo a poboación de máis da 16 anos na idade de traballar medrou tan só na última década no 4.5% fronte ao 12.4% de España, Por sexos,a taxa de actividades dos homes e o penúltimo peor dato por autonomías e no casa das mulleres a taxa de actividade feminina situouse dous puntos por debaixo da media nacional. Por ámbitos territoriais ,a provincia de Ourense sitúase no penúltimo lugar de todas as provincias de España no referente a taxa de actividade. O emprego nos últimos dez anos medrou a metade que a media nacional e ademais con menores salarios. En concreto a taxa da temporalidade é do 33.1%fronte o 31.6% de España. a ocupación dos xoves non medrou, polo contrario diminuíu nun 0.7%

Fontes
  1. Blibliografia

PIRÁMEDE DA POBOACIÓN 2004


En base a la proxección demográfica máis pesimista os nenos entre cero e 19 anos serán un 10%menos, isto implicará unha perda de poboación pese a que nos últimos anos experimentou un certo reponte grazas a un lixeiro incremento da natalidade e a chegada de emigrantes. Por outra parte polo contrario a poboación xubilada dentro de nove anos crecera un 7.4%, polo que o estado español debera abonar 44.500 pensións máis. Sen embargo os traballadores que poderán garantir o benestar serán menos, pois a poboación en idade de traballar diminuirá o 11.4%,unha porcentaxe que se traduce en case147.500 galegos menos no grupo de poboación activa, segundo o ige.

Fontes

  1. Blibliogafia
  • Instituto nacional de estaditica INE

lunes, 20 de octubre de 2008

A NOSA POBOACIÓN

















A nosa terra ten unha poboacion 2.783.000h de todos estes só o 2.9% son estranxeiros, un dos índices menores do Estado . As súas dimensión son de 2.9574 km2 tendo una densidade de poboación 93.6 hab/km2. Galicia ten unha das taxas de mortalidade máis alta de España. O aumento da taxa de mortalidade está vinculado ao avellantamento da nosa poboación. Polo contrario tanto a taxe natalidade seguen sendo das máis baixas de España. No terrritorio galego pódense advertir dúas galicias. Unha costeira, que vai desde Ferrolterra ata a fronteira lusa na que habitan dous terzos da poboación galega e produce o 75% da riqueza do país e outra de interior fundamentalmente rural e envellecida. Fontes:
  1. Bibliografía
  • Instituto Galego de Estatística
  • Instituto Nacional de Estadística